Andrés Menéndez e Fernando Álvarez-Balbuena García

O papel da toponimia na reconstrución das paisaxes históricas: exemplos arredor do Camín Francés na Asturias occidental

A través de varios casos de estudo do occidente asturiano móstrase a potencialidade da toponimia na investigación das paisaxes históricas. Escóllense para isto exemplos onde esta fonte ten un papel chave na construción de interpretacións dentro dun diálogo horizontal con outras: arqueolóxicas, documentais, cartográficas… Finalmente, arguméntase a necesidade dun traballo de recollida da toponimia popular de tradición oral que siga unha serie de requisitos para garantir a súa utilidade na investigación arqueolóxica e histórica.

Andrés Menéndez. Doutor en Investigacións Humanísticas pola Universidá d’Uvieo (2019). Traballa na Università di Genova cun contrato postdoutoral Margarita Salas da Universidá d’Uvieo (2022-2024). Está especializado no estudo das áreas de montaña dende a Arqueoloxía da Paisaxe, dando nos seus traballos un papel relevante á toponimia popular coma fonte para a investigación histórica.

Fernando Álvarez-Balbuena García. Lingüista e profesor no Departamento de Filoloxía Clásica e Románica da Universidade de Oviedo. Foi membro da Xunta Asesora de Toponimia do Principado de Asturias (2004-2013) e pertenceu ao consello editorial da Revista de Filoloxía Asturiana (2001-2017). Actualmente pertence ao grupo de investigación Seminariu de Filoloxía Asturiana da Universidade de Oviedo.

As súas liñas de investigación son a lingüística histórica románica, a dialectoloxía, a xeolingüística e a toponimia.