Carlos Búa

Callobre, punto de inicio
do longo camiño da historia onomástica de Santiago de Compostela

Callobre, probable nome prelatino do castro “outeiro” da zona vella de Santiago de Compostela. Estudo da dispersión xeográfica deste nome, atribución ao pobo dos célticos e papel que xoga xunto cos hidrónimos Tambre e Sar na discusión da identificación do territorio das civitates dos célticos praestamarcos e supertamarcos. Análise morfolóxica e principais opcións etimolóxicas.

Carlos Búa. Licenciado en Filoloxía Clásica, Doutor en Filoloxía Clásica e Lingüística Indoeuropea coa tese de doutoramento Teonimia galaico-lusitana, dirixida polo prof. Jürgen Untermann, Univ. de Colonia (Alemaña). Asistente na cátedra de Lingüística Hispánica das universidades de Rostock, Heidelberg e Leipzig. Actualmente é profesor de Lingüística Hispánica e Lingua Española na universidade de Leipzig. Entre as súas publicacións destaca Toponimia prelatina de Galicia (Santiago de Compostela, 2018) e en colaboración con outros autores as traducións ao castelán do Heliand (Madrid, 1996) e da Lírica medieval alemana con voz feminina (siglos XII-XIII) (Valladolid, 2007) e ao galego do Banquete de Platón (Vigo, 2001). Codirixe con Beatriz García Turnes o proxecto Tesouro Paleogalaico que se desenvolve no Centro Ramón Piñeiro.