Emilio Nieto Ballester

Aqua dulcis et sana ad bibendum: la toponimia de las fuentes y manantiales en el Camino de Santiago

Ao longo do Camiño de Santiago, dos Camiños de Santiago, atopamos unha gran pluraliade lingüiística que comprende tanto linguas romances como o vasco. Cóntanse con moitas referencias toponímicas a fontes e manciais, pois a auga é sempre necesaria para a vida humana e tiña a máxima importancia para o peregrino. Usualmente xunto ó substantivo que designa estas fontes, con distintos resultados, encontramos un adxectivo que describe a súa natureza. Daremos conta das principais destas características, que ilustran de forma clara as calidades desa auga doce e sá apreciadas polos nosos antepasados.

Emilio Nieto Ballester é doutor en Filoloxía Clásica pola Universidad Autónoma de Madrid. A súa investigación centrouse fundamentalmente na gramática histórica e no léxico das linguas itálicas (latín, osco-umbro, etc.), no latín vulgar e tardío e na toponimia española. Colabourou en obras colectivas de importancia, é autor de dúas monografías de referencia sobre estes temas (Breve diccionario de topónimos españoles, Introducción a la etimología) e de decenas de artigos de investigación publicados nas mellores revistas, españolas e extranxeiras, dos devanditos campos lingüísticos.