Germán Díaz: A zanfona e o Camiño de Santiago

German Diaz. Foto: Fernando Fuentes (CC BY-SA 3.0)
German Diaz. Foto: Fernando Fuentes (CC BY-SA 3.0)

O xoves 22 de setembro, ao remate da sesión de relatorios, Germán Díaz deleitaranos cun concerto ilustrado sobre os camiños que os peregrinos utilizaron para chegar a Santiago de Compostela, con imaxes das diversas representacións da zanfona nas igrexas e monumentos que se asentan nestas rutas e as músicas históricas e imaxinadas baseadas na tradición musical dos Camiños a Santiago.

Germán Díaz naceu en 1978 en Valladolid e alí realizou estudos de guitarra clásica e Filoloxía Clásica na Universidade de Valladolid e o curso de posgrao Especialista Universitario en Estudos sobre a Tradición. Estudou zanfona cos grandes mestres europeos e pertenceu á mítica Viellistic Orchestra, orquesta de zanfonas asentada en Francia.

Máis información en www.germandiaz.net/

-->