Fernando García Pazos

A toponimia dos camiños de Santiago na infraestrutura de datos espaciais de Galicia (IDEG)

O valor da toponimia como instrumento do territorio, que chega a interactuar coa paisaxe e, incluso, influír na mesma, reflíctese na cartografía cunha nova dimensión. O patrimonio toponímico dos camiños de Santiago integrado no Nomenclátor Xeográfico de Galicia (NXG), adaptado á normativa e especificacións de Inspire sobre os nomes xeográficos, incorpórase á Infraestrutura de datos espaciais de Galicia (IDEG). Isto aumentará a capacidade de análise desta información, facilitará a súa utilización de xeito coherente e a través de servizos web sincronizados e interoperables.

Fernando García Pazos. Xeógrafo. Técnico do Servizo de Coordinación e Información Territorial do IET. Encargado da información toponímica na cartografía do IET e da elaboración do Nomenclátor Xeográfico de Galicia. Participou nos traballos da Comisión de Toponimia na elaboración do Nomenclátor de Galicia. Toponimia oficial das provincias, concellos, parroquias e lugares (2003). Coordinador do Proxecto Toponimia de Galicia no SITGA (2000-2005)