Irene García Losquiño

Migración y toponimia en los alrededores del Camino

A presenza de sociedades móbiles e piráticas na Galicia medieval, en concreto provenientes do norte de Europa, é un fenómeno que se repetiu con frecuencia, ás veces anualmente, durante máis de douscentos años desde a metade do século IX. As investigacións sobre esta presenza, durante moito tempo, considerárona esporádica, superficial e de corte violento. Non obstante, as pesculdas da última década comezaron a presentar unha cara máis complexa das interaccións dos viquingos na península ibérica: esta interacción tivo impactos sociais e políticos, non só foi violenta senón tamén colaborativa e deixou pegadas que nos poden permitir entender estas interaccións. Nesta conferencia tratarei a pegada toponímica resultante da presenza viquinga nos arredores do Camiño, explorando como a toponimia nos pode falar de interaccións complexas (non só violentas) e de presenza a longo prazo en certas rexións. Ponderarei a toponimia como ferramenta para entender aspectos da migración cultural viquinga en áreas marxinais da diáspora viquinga.

Investigadora posdoutoral María Zambrano na Universidad de Santiago de Compostela. É doutora en Estudos Escandinavos pola University of Aberdeen y membro do grupo de investigación da USC SINCRISIS: Investigación en Formas Culturais. A súa investigación céntrase no estudo das sociedades móbiles viquingas en Galicia e sur/noreste de Escocia, en concreto na migración cultural viquinga e na pegada desta migración na paisaxe arqueolóxica e na toponimia.