Javier Giralt

Toponimia en el Camino de Santiago
a su paso por Aragón

O Camiño de Santiago en Aragón ofrece varios itinerarios con diferente orixe. Un deles é o chamado Camiño Catalán, que ten os eu punto de partida no mosteiro de Montserrat. Nesta comunicación ímonos ocupar desta ruta ao seu paso pola rexión aragonesa. No marco do macroproxecto Toponomasticon Hispaniae, analizaremos algúns dos topónimos que se achan ao longo das dúas vías en que se bifurca este camiño xacobeo (Tamarit de Llitera, Berbegal, Pueyo de Fañanás, Bolea, Fraga, Candasnos, Bujaraloz o Pina de Ebro, entre outros).

Javier Giralt. Licenciado e Doutor en Filosofía e Letras pola Universidad de Zaragoza. Profesor Titular de Filoloxía Catalá da Universidad de Zaragoza. Presidente da Academia Aragonesa de la Lengua e Director del Institut Aragonès del Català. A súa traxectoria científica centrouse na investigación do catalán en Aragón.