José Mª Anguita Jaén

Toponimia alternativa nas guías do Camiño de Santiago: pegadas na paisaxe e tradicións peregrinais

O estudo centrarase naqueles nomes de lugares do Camiño de Santiago (Camiño Francés ou Via Francíxena) que recibiron un tratamento especial por parte dos peregrinos, é dicir, que foron nomeados dunha maneira distinta á que recollen os documentos locais. En ocasións, estas denominacións alternativas chegaron a perpetuarse ao longo dos séculos, recollidas en relatos de viaxe e guías de peregrinos escritas en épocas diversas por persoas de procedencia tamén diversa, ofrecendo a impresión da existencia de tradicións onomásticas xurdidas nos ambientes peregrinais e privativas deles. En ocasións, estas tradicións trascenderon e chegaron mesmo a deixar a súa pegada na propia paisaxe toponomástica.

Formado na Universidade de Valladolid, na Società per lo Studio del Medievo Latino (SISMEL) de Florencia (Italia), e na Universidade de Zurique (Suiza), é actualmente Profesor Titular de Filoloxía Latina na Universidade de Santiago de Compostela. É autor de numerosos traballos sobre a Literatura e a Lingua Latinas Medievais, con dedicación especial ao Códice Calixtino.