Marcos Pavo

Santiago y el Camino
en los mapamundis medievales

A crecente relevancia adquirida por Santiago de Compostela durante a Idade Media debido á súa conversión en destino de peregrinación cristiá, quedou plasmada graficamente na cartografía medieval. Santiago, a súa catedral e o propio Camiño, aparecen de maneira destacada en gran parte dos esquemáticos mapamundis medievais, un tipo de mapas en que a preocupación polo rigor xeográfico quedaba moi por debaixo da importancia da representación simbólica. Ao longo do artigo percórrense diversos exemplos cartográficos antigos que mostran a figura do apóstolo Santiago, o topónimo asociado, a súa catedral ou o Camiño, utilizando este feito como vínculo coa historia da cartografía.

Enxeñeiro técnico en topografía e enxeñeiro en xeodesia e cartografía pola Universidad Politécnica de Madrid, ingresei como funcionario de carreira na Administración Xeral do Estado en 1999. Desde aquela desempeñei diversos cargos no Instituto Xeográfico Nacional, no Ministerio de Medio Ambiente e no Centro Nacional de Información Xeográfica. Actualmente pertenzo ao corpo de enxeñeiros xeógrafos da AGE e ocupo o posto de xefe da Área do Rexistro Central de Cartografía no IGN.