Marta Montilla

Recursos geográficos y digitales del IGN
del Camino de Santiago

O Instituto Geográfico Nacional ( IGN) pon a disposición do usuario servizos e produtos a través da súa páxina web www.ign.es, que lle permiten ao viaxeiro organizar as súas rutas, proporcionandolle recursos dixitais de mapas antigos, topográficos, turísticos e temáticos relacionados co Camiño de Santiago. Tamén ofrece a consulta de nomenclátores xeográficos, que conteñen as denominacións oficiais xeorreferenciadas recollidas no Mapa Topográfico Nacional. Así mesmo, pon a disposición aplicacións móbiles e a web do Camiño de Santiago, de manexo sinxelo, coas principais rutas do Camiño de Santiago, incluíndo información das etapas, puntos de interese, servizos ou albergues asociados. O uso dos produtos de datos xeográficos dixitales mencionados ten carácter libre e gratuíto.

Enxeñeira Técnica en Topografía pola Universidad Politécnica de Madrid e funcionaria de carreira destinada no Instituto Geográfico Nacional. Actualmente xefa de servizo de Documentación Geográfica y Biblioteca.

Secretaria de la Comisión Especializada de Nombres Geográficos (CENG) do Consejo Superior Geográfico (CSG), representante de España no Grupo de Expertos de Naciones Unidas en Nomes Xeográficos ( UNGEGN) e responsable do departamento de toponimia do Instituto Geográfico Nacional (IGN). Desenvolve, entre outros, traballos relacionados con nomenclátores xeográficos e bases de datos de toponimia.