Matrícula

A matrícula é gratuíta. Farase control de asistencia, mediante sinatura, se é presencial, e con control de tempo, se a participación é mediante o seguimento da emisión online.

Está en trámite o recoñecemento da asistencia a este congreso como un crédito transversal para o alumnado da Universidade de Santiago das titulacións de Grao da Facultade de Filoloxía e da Facultade de Xeografía e Historia. As persoas que desexen acceder a el deberán matricularse a través da súa secretaría virtual, non por medio deste formulario.