Novas

Modificación de horario: sesión de tarde do venres

Carlos Baliñas non poderá pronunciar a súa comunicación, polo que ocupará o seu lugar José Carlos Sánchez Pardo ás 16.00h.

Valentín García Sánchez pronunciará a súa comunicación ás 17.30h.

  • Control de asistencia
    Farase control de asistencia, tanto presencial, a través de sinatura, coma telemático, ao principio de cada xornada e logo das pausas de mañá e mediodía. Para obter o certificado de asistencia esíxese un seguimento do 80% do congreso.
  • Prazo de matrícula
    Lembra que o prazo para matricularte acaba o 12 de setembro. A matrícula é gratuíta e farase control de asistencia tanto se esta é presencial como se se segue a emisión online. Se queres que recoñezan a túa asistencia cun crédito transversal, sigue as indicacións do apartado de matrícula. Prazo de matrícula pechado
  • Germán Díaz: A zanfona e o Camiño de Santiago
    O xoves 22 de setembro, ao remate da sesión de relatorios, Germán Díaz deleitaranos cun concerto ilustrado sobre os camiños que os peregrinos utilizaron para chegar a Santiago de Compostela, con imaxes das diversas representacións da zanfona nas igrexas e monumentos que se asentan nestas rutas e as músicas históricas e imaxinadas baseadas na tradición… Seguir lendo Germán Díaz: A zanfona e o Camiño de Santiago