Patxi Xabier Salaberri Zaratiegi

Toponimia del Camino de Santiago
en Vasconia

Neste traballo faise un estudio dos nomes das localidades polas que transcorre o Camiño de Santiago da Baixa Navarra (País Vasco francés), en Navarra e na Comunidade Autónoma Vasca, camiño chamado na actualidade Donejakue bidea  e antiguamente Erromesbidea, literalmente ‘o camiño dos romeiros’, ‘o camiño dos peregrinos’. Sinálase especialmente a dualidade de formas (unha vasca e outra romance) que algúns dos topónimos polos que pasa o camiño presentan: Luzaide / Valcarlos; Auritz / Burguete; Puente la Reina / Gares, etc. Tal dualidade de formas débese aos peregrinos que ían a Santiago e tamén ás poboación de «francos» que se asentaron ao longo deste co visto e prace dos reis de Navarra.

Patxi Xabier Salaberri Zaratiegi, nacido en Ujué/Uxue (Navarra) en 1959, estudou Filoloxía Hispánica na Universidad de Navarra e Filoloxía Vasca na Universidad del País Vasco, onde fixo o doutoramento sobre a toponimia e a fala da zona de Eslava (Navarra). É catedrático de Filoloxía Vasca na Universidad Pública de Navarra e académico de número de Euskaltzaindia / Real Academia de la Lengua Vasca. Participa no proxecto Toponomasticon Hispaniae, que coordina Ana Boullón.