Toribio Fuente Cornejo

Toponimia en el camino de Santiago:
de Astorga a O Cebreiro

Nesta conferencia farase un percorrido exhaustivo polos topónimos localizados no Camiño Francés desde Astorga a O Cebreiro agrupándoos nas catro etapas que o camiñante debe percorrer, unha en terras da Maragatería e tres na comarca do Bierzo.

Toribio Fuente Cornejo. Profesor Titular de Filoloxía Románica da Universidade de Oviedo. A súa investigación enmárcase no ámbito da Literatura Románica Medieval, a Lingüística Diacrónica Española e a Crítica Textual.